WORLD GAMES 2017

twg_logo_color

WORLD GAMES :

Os Xogos Mundiais son un evento multideportivo nos que participan atletas de todo o mundo, e cuxas probas son deportes que non participan nos Xogos Olímpicos. Están organizados pola Asociación Internacional de Xogos Mundiais (IWGA), baixo patrocinio do Comité Olímpico Internacional.

Os Xogos Mundiais son cada catro anos, un despois dos Olímpicos. Naceron en 1980 cando se se formou a Internacional World Games Association, con deportes non incluídos nos Olímpicos. Abríronse en Santa Clara (Estados Unidos) en 1981. Logo na Haia (Holanda), Londres (Inglaterra) e Akita (Xapón).

Dispútanse Baile Deportivo , karate, billar, patinaxe artística e de velocidade, sumo, ju jitsu, arquería, sky acuático, squash, natación con aletas, duathlon, sotfbol, rubgy e raquetball, escalada, orientación, ximnasia, deportes aéreos, ultimate, fistball, hockey en liña, polo en canoa e balónmano de praia etc.

A X edición dos World Games vai celebrarse na cidade de Wroclaw, Polonia, entre os días 20 e 30 de xullo de 2017. O Baile Deportivo será un dos deportes que estará presente nesta competición, con 4 disciplinas: Bailes Latinos, Rock and Roll, Salsa e Bailes Estándar.

A World DanceSport Federation (WDSF) seleccionou á FEBD para presentar a esta competición aos nosos mellores atletas nas especialidades de Bailes Latinos, Salsa e Bailes Estándar.

Competición de Bailes Estándar

Terá lugar o 28 de xullo de 2017, e nela tomarán parte un total de 24 parellas.

Os nosos representantes na competición serán: ADRIÁN ESPERÓN & PATRICIA MARTÍNEZ.

http://www.theworldgames.org/